Miuzallas é a revista do Colectivo Estiño onde se recollen os traballos realizados en torrno á temática anual elixida para a realización do calendario colavorativo, en cuxa elaboración participamos 24 centros educativos. Este ano foi sobre os postres tradicionais da nosa terra e como complemento á cociña tradicional galega que se realizou anteriormente. Baixo o título de LAMBETADAS a revista recolle ditos poemas, sopas de letras, a vida de Carlos Casares e tamén artigos, e receitas para poder ler e realizar na escola ou coas familias coa intención de fomentar e propiciar accións educativas relativas á saúde no ámbito escolar e familiar, potenciando a adquisición dunha alimentación saudable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario