Hoxe, 24 de outubro de 2017, OS LECTORES E LECTORAS recomendan os seus libros favoritos, para celebrar o DÍA DA BIBLIOTECA co obxectivo de facer ver a importancia da Biblioteca como lugar de encontro de lectores e lectoras de todas as idades coa cultura e como instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Tamén realizaremos un contacontos coa temática da interculturalidade, coa intención de educar aos nenos e ás nenas nos valores da lectura e da cultura e destacar a misión da Biblioteca como centro socializador e integrador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario