Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

FLORES SILVESTRES

FLORES SILVESTRES é o tema proposto este ano polo Colectivo Estiño.
Neste colectivo participamos 27 centros da provincia de Lugo e de Ourense, para a realización de  traballos tanto plásticos como de investigación sobre as flores silvestres de Galicia e así co material aportado por cada centro escolar elaborar un calendario e un xonal escolar: "Miuzallas" onde aparecen publicados todos os traballos realizados en torno ao tema.
O Equipo de biblioteca do noso centro aproveitando o tema do mes de novembro. "Novembro mes da ciencia en galego", ademais de traballar sobre o Chuchamel ou Herba Salgueira que foi o tema que nos tocou, tamén realizamos pequenos traballos sobre outras flores comúns  no noso entorno, traballando sobre o nome común, o nome científico, a descripción, a localización, as aplicacións medicinais e culinarias, curiosidades, o seu nivel de conservación, as partes da flor, o seu proceso reproductivo, etc
Este calendario que vedes na foto suxeitado por David e Paula foi o resultado final do calendario colectivo





No hay comentarios: