Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

Presentación do PDI PONTE NOS XOGOS 23/24

 Hoxe, o Equipo de Biblioteca en colaboración co EDLG, querémosvos presentar o PDI (Proxecto Documental Integrado) que imos desenvolver no curso 23/24: PONTE NOS XOGOS

A idea deste PDI xurde da necesidade de dinamizar os patios de lecer fomentando patios dinámicos, inclusivos e no que se disfrute en igualdade.. Os obsectivos do PDI enmarcanse dentro dos obxectivos de DESARROLLO SOSTIBLE  da AXENDA 2030:



3- SAÚDE E BENESTAR

Proporcionar ferramentas lúdicas  que contribuan ao benestar físico e mental.

4-EDUCACIÓN DE CALIDADE: 

Garantizar unHa educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos.

5- IGUALDADE DE XÉNERO

Ofrecer alternativas de xogo non sexistas promovendo unha participación igualitara sen sesgos de xénero.

Así como:

- Aprender a localizar a información, aprendendo a manexar distintas fuentes informativas tanto virtuais, hipermedia ou físicas. 

- Tratar a información, desenvolvendo a competencia lectora.

- Transmitir a  información, traballando con textos múltiples e linguaxes variadas: plástica, gráfica, sonora…


Durante o desenvolvemento deste proxecto traballaremos as seguintes liñas de investigación:

-Xogos Tradicionais.

-Xogos do mundo.

-Recopilación de cancións, e rimas de botar a sortes, ...

Deixámosvos aquí un recorte de como se recolle o PDI no proxecto de Dinamización Lingüística do centro:

 



Benvidos a PONTE NOS XOGOS!!!



0 comentarios: