Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA 23/24

  Este venres, 23 de febreiro, celebramos o día de ROSALÍA, 







Durante toda a semana, nas aulas, lemos a Rosalía, cantamos con ela e debuxamos algúns dos seus poemas en viñetas. 

Aquí podedes ver que ben o pasamos.

As alumnas e alumnos de 4º de EI homenaxearon a Rosalía con este fermoso mural.



O alumnado de 6º de EI  fixo a súa propia interpretación de Rosalía. Que ben lles quedou!!!












O alumnado de 3ºB elaborou un pequeno resumo sobre a biografía de Rosalía e despois fixo un fermoso traballo artístico sobre Rosalía e a natureza.


Con esta proposta as alumnas e alumnos puxéronse na pel de Rosalía. Despois de recortar a súa silueta, sairon ao patio  buscando imaxes da natureza, como faría a pequena Rosalía cando  vivía na aldea de Ortoño:  O entorno natural e rural tan presente na súa obra.


Finalmente,  realizaron tamén un traballo chamado ROSALÍA EN BRANCO E NEGRO, inspirado  no claros e escuros que marca tanto a obra como a vida de Rosalía. A luz de ser muller e escritora  pero tamén a tristeza das inxustizas da época que lle tocou vivir.
Con esta idea, ao alumnado de 3ºB e a aula TEA traballaron o poema NEGRA SOMBRA  e fixo a súa versión gráfica.




As alumnas e alumnos de 3ºA tamém traballaron sobrre a vida e obra de Rosalía:















As alumnas e alumnos de 4º ilustraron en viñetas o poema de Risalía "Miña casiña meu lar"


alumnado de 6ºA   celebrou a Rosalía recitando algúns dos seus poemas:


O venres, 23 de Febreiro, xuntámosnos para defrutar todas xuntas da dramatización de " A miña casiña meu lar", interpretar a Alborada e degustar o Caldo de Gloria. 



Moitas grazas a todas e todos por celebrar con nós o día de Rosalía!!!





0 comentarios: