Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

13 FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA RADIO 24/25

 

Cando o 14 de maio de 1879 o italiano Guillermo Marconi realizou a primiera transmisión por radio pouco podía imaxinar que o seu invento sería esencial para salvar vidas, resultando fundamental no rescate dos náufragos do Titanic.

Hoxe en día, a radio, a pesar da chegada das novas tecnoloxías, segue a estar presente en moitas casas e a desenvolver un importante papel como medio de información e formación.
Na escola, A RADIO é unha ferramenta didáctica moi interesante que axuda a fornecer as competencias lingüísticas, favorece o traballo colaborativo, desenvolve o pracer pola lectura e a expresión, permite adaptar os contidos curriculares aos intereses dos rapaces, desenvolve a creatividade, o sentido crítico, o respecto do turno de palabra, que tanto nos costa hoxe en día... ,en fin, aporta unha enorme lista de beneficios que non deberiamos desperdiciar.


Para celebrar o Día Mundial da Radio no Ceip A Ponte, o alumnado de 5ºEP desfrutou dun entretido obradoiro de radio a cargo de Damián Alonso, de Ponte Nas Ondas. Durante toda a mañá reflexionamos sobre a presencia da radio no noso día a día, falamos de como podemos usar a radio na escola, o tipo de programas que podemos facer, fixemos exercicios de dicción e finalmente programamos e gravamos un programa ben divertido que compartimos con todas vós.



 




FELIZ DÍA DA RADIO!!

ENTROIDO 2025: OS SERES DO MIÑO

 Boas rapazada!!!

Xa chega o Entroido ao CEIP A Ponte. Este ano, traballamos coa temática do noso PDI: "O Río Miño, o noso veciño" e por iso, ímonos disfrazar de seres que habitan no río, reais ou míticos.

Per antes temos os MANDADOS DO MECO. Non vos esquezades!!!



 Animádevos a participar!!






PONTE NA RADIO: PERSONAXES HISTÓRICOS DA PAZ

 

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. As nenas e nenos de 6º de EP investigaron sobre a vida de numerosos personaxes relacionados coa Paz Mundial e compartiron o seu traballo con nós a través deste interesante podcast. Non deixedes de escoitalo!!!