Cando o 14 de maio de 1879 o italiano Guillermo Marconi realizou a primiera transmisión por radio pouco podía imaxinar que o seu invento sería esencial para salvar vidas, resultando fundamental no rescate dos náufragos do Titanic.
Hoxe en día, a radio, a pesar da chegada das novas tecnoloxías, segue a estar presente en moitas casas e a desenvolver un importante papel como medio de información e formación.
Na escola, A RADIO é unha ferramenta didáctica moi interesante que axuda a fornecer as competencias lingüísticas, favorece o traballo colaborativo, desenvolve o pracer pola lectura e a expresión, permite adaptar os contidos curriculares aos intereses dos rapaces, desenvolve a creatividade, o sentido crítico, o respecto do turno de palabra, que tanto nos costa hoxe en día... ,en fin, aporta unha enorme lista de beneficios que non deberiamos desperdiciar.
Para celebrar o Día Mundial da Radio no Ceip A Ponte, o alumnado de 5ºEP desfrutou dun entretido obradoiro de radio a cargo de Damián Alonso, de Ponte Nas Ondas. Durante toda a mañá reflexionamos sobre a presencia da radio no noso día a día, falamos de como podemos usar a radio na escola, o tipo de programas que podemos facer, fixemos exercicios de dicción e finalmente programamos e gravamos un programa ben divertido que compartimos con todas vós.
FELIZ DÍA DA RADIO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario