Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

Día da Muller 25/26: "As Pegadas das Mulleres no Camiño"



Día da Muller 8 de marzo: "As Pegadas das Mulleres no Camiño"


EXERIA: MÁIS FORTE QUE TODOS OS HOMES


O obxectivo desta actividade, que preparamos para o 8M, foi reflexionar co alumnado sobre a importancia do papel da muller na creación do “Camiño” (sociedade). Mulleres famosas e outras anónimas como as nosas nais, avoas,...


"A Maleta de Exeria"

Creamos un espazo físico na biblioteca arredor da figura de Exeria, a primeira gran viaxeira e escritora que documentou as súas viaxes no século IV.



-Unha maleta antiga aberta con obxectos que unha muller levaría ao Camiño (unha cuncha, un bastón, un diario en branco, unha capa, pergaminos ...).

-Exposición ( creada polo alumnado do IES Monte das Moas ) sobre a vida e as viaxes de Exeria.

- Conto sobre a vida de Exeria ilustrado polo alumnado de 5°.



Proposta de desenvolvemento da actividade:

(Ei e 1° Ciclo)

Falamos cos nenos da historia de Exeria como unha "superheroína” que tomou as rendas da súa vida e cumpriu o seu soño de viaxar polo mundo superando numerosas adversidades e convertíndose, a través das súas cartas, na primeira escritora galega.

EP 

Visitamos a exposición do PDF “EXERIA MULLER VIAXEIRA”( elaborada polo alumnado do IES Monte das Moas) e traballamos entornno á importancia da muller como figura clave da nosa sociedade.

https://es.slideshare.net/slideshow/exeria-246444697/246444697#2

Lemos contos e investigamos sobre outras mulleres:



-Falamos da importancia do traballo desenvolto polas mulleres no camiño ( Camiño de Santiago ou Camiño como metåfora de Sociedade) como motor de transformación, innovación…

 Actividade COOPERATIVA: "A Cuncha das Mensaxes"

Cada neno/a recibiu unha silueta de cuncha de viera na que debuxou unha muller importante da súa vida (nai, avoa, mestra) que os axuda no seu "camiño" diario.

O Mural: Na entrada da biblioteca, colocause un gran mapa e fíos semellando os Camiños a Santiago (elaborado polo alumnado de 5ºB). O alumnado pegou  as súas cunchas ao longo das rutas, simbolizando que as mulleres son as que fan que o camiño avance.

No hay comentarios: