Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
Mostrando entradas con la etiqueta biblioponte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioponte. Mostrar todas las entradas

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

  Xa estamos de volta!

Estamos seguras de que tivestes un verán boísimo e de que cargastes as baterías para axudarnos e acampañarnos  na viaxe deste neste curso.

Como cada ano as titorías disporán dúnha hora para baixar á biblioteca e no tempo de lecer Biblioponte está sempre bulindo cos que vides a ler no noso novo sofá, a escoitar música, a argallar na zona de creatividade, xogos e construcións.










 Moitas de vós xa andades a preguntar como facervos persoas voluntarias  para colaborar nas tarefas de préstamo, organización,... As MOCHILAS VIAXEIRAS comezarán a súa andaina polas casas en breve e temos outras interesantes propostas que xa están dando os primeiros pasos:

- Iniciamos unha viaxe fantástica no CLUB DE LECTURA  "Historias da Ponte Vella" que este ano, despois do éxito do ano pasado, arranca con dous grupos.

- As profes están xa artellando as actividades que desenvolveremos no noso PDI que este curso vai achegarnos a "O Camiño".

E, para que non andedes perdidos, xa tedes no mostrador a nova GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA.




Como vedes en Biblioponte non hai tempo que perder.  Colle folgos e agárrate a un libro!!! 

Esperámoste en BIBLIOPONTE!!