Durante as últimas semanas o alumnado traballou nas aulas en torno á figura de Rosalía: a súa vida e a súa obra. Hoxe, 23 de febreiro, saímos ao patio a celebrar xuntos.
- Coma en anos anteriores o alumnado recitou o poema "Miña Casiña, Meu Lar" este ano a cargo do alumnado de 5º B coa especial participación das alumnas e alumnos de Educación Infantil.
- O alumnado de EI regaluonos unha brillante interpretación do poema " O Moucho".
- Comemos o Caldo de Gloria que tan rico preparan no noso comedor seguindo a receita de Rosalía.
Ademais, o equipo de Biblioponte seleccionou unha escolma de poemas que deixou nunha cesta na biblioteca para que aquelas alumnas e alumnos que o desexasen, participasen lendo poemas desta autora tan importante da nosa literatura.
Foi un momento sinxelo e bonito, no que puidemos escoitar diferentes voces dando vida aos seus versos.
Unha boa maneira de achegarnos á poesía e lembrar a Rosalía.
Aquí vos deixamos aos nosos primeiros intérpretes. Tivo tanto éxito que seguiremos gravando na radio e subindo as interpretacións nos vindeiro días.
📖
Julio, 5ºB
Aroa, 5º A
Celia, 4º
Òscar, 4º
No hay comentarios:
Publicar un comentario