Boas rapazada,
Esta semana o alumnado de 5ª de Educación Primaria desfrutou dun estupendo Obradoiro de Radio da man de Damián Alonso de PON ( Ponte Nas Ondas), que xa é un vello coñecido porque leva acompañándonos xa un tempiño nas nosas andainas polo mundo da radio.
Este ano, traballamos toda a mañá. Falamos da variedade de programas que podemos facer na radio escolar, traballamos a dicción, eleximos e escribimos o guión do noso programa por parellas e, finalmente, gravamos un super programa.
Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado e o programa de radio para que vexades que artistas e canto saben estos rapaces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario