Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia 25/26: O Camiño da Ciencia.

 

Con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro), e aproveitando o noso traballo arredor do *Camiño de Santiago* , desenvolvemos a cabo unha actividade común  todo o centro, na que percorremos un “camiño” simbólico polas aulas para coñecer mulleres científicas de referencia.

Cada titoría pasou pola biblioteca a buscar información e recopilar bibliografía sobre mulleres científicas. 



Escolleron unha científica  e investigaron sobre a súa vida, investigacións, descubrimentos, premios… Elaboraron un mural para decorar a porta da súa aula e cando todos os traballos estiveron finalizados, as clases realizaron un percorrido polas aulas, a modo de camiño, visitando as portas e os traballos realizados que en moitos casos foron acompañados de explicacións e pequenas interpretacións e escenificacións das científicas elexidas.




















No hay comentarios: